En Osventos buscamos incorporar unha persoa con titulación universitaria en Dereito para realizar unha substitución por vacacións na Oficina de Consumo de Lugo.
Se tes formación xurídica e che interesa a atención e o asesoramento ás persoas consumidoras, esta pode ser a túa oportunidade.
⚖️ Cales serán as túas funcións?
✅ Atención presencial, telefónica e telemática ás persoas consumidoras.
✅ Recepción e xestión de consultas e reclamacións.
✅ Asesoramento inicial en materia de consumo.
✅ Canalización e derivación das reclamacións aos órganos competentes.
📋 CONDICIÓNS
📍 Lugar de traballo: Oficina IGCC Lugo
📌 Localidade: Lugo
📅 Duración do contrato: do 28 de setembro ao 16 de outubro de 2026
🗓️ Días: de luns a venres
🕗 Horario: de 8:00 a 14:00 h
💶 Salario: 1.098,65 € brutos/mes
🚀 Incorporación: 28 de setembro de 2026
🎓 REQUISITOS
🔹 Imprescindible: titulación universitaria en Dereito.
🔹 Non se require experiencia previa.
🔹 Valorarase contar con formación en Dereito do Consumo.
📩 Envía o teu CV a: alex@osventos.com
📱 Máis información: 689 047 703
👉 Se cumpres os requisitos e estás dispoñible durante o período indicado, envíanos a túa candidatura!