Hoxe o noso centro encheuse de pequenas bruxas, monstros simpáticos e moitos sorrisos. Foi unha xornada moi especial, na que o xogo e a creatividade foron os verdadeiros protagonistas.

🎭 As crianzas pasárono en grande con actividades cheas de cor, música e ilusión, mentres compartían momentos máxicos coas súas educadoras e compañeiros.

💛 Dende Osventos, queremos dar as grazas ao equipo do PAI As Viñas polo seu entusiasmo e dedicación, e tamén ás familias por formar parte desta aventura chea de aprendizaxes e emocións.