🎁💙 O pasado 16 de xuño celebramos o Día Mundial da Atención Temperá, e en Osventos quixemos facelo con moito agarimo cos nosos pequenos e pequenas do Servizo de Atención Temperá de O Corgo.

Como mostra de recoñecemento e afecto, fixémoslles un pequeno agasallo personalizado que simboliza o compromiso, a cercanía e a confianza que queremos transmitir cada día no noso traballo.

Porque atender con tempo é coidar con sentido. Grazas ás familias e profesionais que fan posible este servizo esencial.