Os nosos pequenos e pequenas convertéronse por un día en auténticos pandereteiros e pandereteiras, vestidos con traxes tradicionais e cheos de ilusión, para render homenaxe á nosa lingua e cultura. 🎶👧🧒
Dende Osventos, empresa encargada da xestión do PAI de Cabanas, apostamos por transmitir o valor do galego dende as primeiras etapas, combinando música, tradición e aprendizaxe nun ambiente divertido e afectuoso. 🌾✨
Grazas a todas as familias por acompañarnos nesta xornada tan especial!