Servizo para a xestión e impartición de actividades formativas na aula de Cemit do Concello de Ames

Servizo de execución dos traballos necesarios para levar a cabo a xestión e impartición da programación de acción formativas que se vaian a impartir na aula CEMIT de referencia sita na Casa da Cultura de Bertamiráns, Pz. de Chavian, s/n, (Ames).

  • Promoción no uso das TIC na poboación.
  • Dinamizar as PEMEs e microPEMEs
  • Planificación, impartición, difusión e publicidade das actividades de formación e dinamización na zona de actuación: obradoiros, charlas, xornadas, iniciativas…
  • Xestión da aula: atención aos/as usuarios/as, xestión da documentación, inscrición de usuarios/as, emisión de certificados…