Servizo de xestión e atención socio-educativa no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello de Cariño.

Servizo de xestión e atención socio-educativa no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello de Cariño durante dous cursos académicos, ten como finalidade prestar unha atención de apoio aos país, titores ou representantes legais dos/as nenos/as entre 3 meses e 3 anos, cando concorran situación ou circunstancias que lles impida o seu coidado, pode asemesmo, atender aqueles casos que respondan a necesidades puntuais

O Punto de Atención á Infancia configúrase coma un servizo municipal de carácter socioeducativo, que ten entre os seus obxectivos ofrecer unha atención integral, a través dun programa global que garanta o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos nenos/as.