Proxectos

Servizos de apoio para o desenvolvemento sociocultural do Municipo de Arcos de Valdevez (Portugal)
Neste servizo prestamos apoio operacional e técnico nas áreas de animación infanto-xuvenil, psicoloxía escolar, apoio a eventos culturais, dinamización de momumentos históricos e patrimonio, apoio a eventos promocionáis e de animación.
Máis información

Servizos de acción cultural e espectáculo na Cámara Municipal de Ovar (Portugal)
Trátase dun servizo para a Concellería de Cultura e Espectáculos, no que se desenvolven tarefas de creación, produción e desenvolvemento dos servizos culturais da Cámara Municipal,  sendo de especial relevancia a festa do Carnaval. O servizo tamén inclúe as tarefas de apoio administrativo, loxístico e operacional para a división de Cultura.
Máis información

Servizo para a xestión e organización de actividades no Palacete dos Castanheiros de Esmoriz da Cámara Municipal de Ovar (Portugal)
Neste servizo ofrecemos o apoio operativo na implementación e dinamización dos diferentes proxectos, xestionando de xeito dilixente unha instalación municipal que, é sede de distintas actividades ao longo do ano (como por exemplo a Universidade Sénior), e que ademais, posúe unha constante afluencia de turistas.
Máis información

Servizos xerais de Apoio na Casa Museo Egas Moniz do  Municipio de Estarreja (Portugal)
A prestación do servizo consiste na xestión, organización e atención da Casa Museo Egas Moniz, unha das localizacións turísticas máis visitas por distintas nacionalidades. O noso traballo desenvólvese tanto no interior como no exterior das instalacións.
Divídese en distintas tarefas e engloba tarefas de mantemento de pezas museísticas e do entorno, xestión do espazo, colaboración na atención e recepción de visitantes, etc…
Máis información

Servicio de atención ao público nos Museos Científicos Coruñeses
Trátase dun servizo que comprende todas as tarefas de atención ao visitante dos tres Museos Científicos do Concello da Coruña: Casa das Ciencias, Domus e Acuario.
O servizo abrangue, entre outras, a recepción, o desenvolvemento de visitas guiadas, actividades didácticas, así como a planificación e coordinación das actividades diarias dos museos e a coordinación das salas.
Máis información

Servicio de visitas guiadas e atención ao público no Castillo de los Sarmiento
Este é un servizo prestado no monumento Castillo de los Sarmientos, xestionado pola Deputación Provincial de Palencia, consistente na creación, organización e coordinación dun equipo de traballo (licenciados en historia, historia da arte e arqueoloxía) para realizar as tarefas de atención ao visitante, organización de actividades e eventos e visitas guiadas.
Máis información

Dinamización do Centro de Documentación e Recursos feministas do Concello de Vigo
O servicio incluía as actividades  información ao público de xeito presencial, telefónico ou telemático, xerando unha dinámica participativa, axudando ao público a localizar e utilizar convenientemente os fondos de documentación, e informando das actividades desenvolvidas no centro., así como o asesoramento documental especializado, as tarefas de catalogación e clasificación dos fondos bibliográficos e documentais, e a proposicion dun programa de actividades de extensión cultural e de promoción da lectura especializada, colaborando coa súa organización, execución, difusión e avaliación.
Máis información

Realización de actividades socioculturais de prevención e cooperación social nos centros cívicos municipais do Concello da Coruña
O programa de actividades socioculturais ten como obxectivo previr e atender aquelas situacións de risco ou marxinación social que poidan afectar á poboación en xeral ou a persoas ou colectivos específicos, e que é unha ferramenta de intervención para procurar o benestar social das persoas, fomentar a participación cidadana e favorecer o acceso á cultura, a formación no regulada e o ocio,
Máis información

Xestión e atención socio-educativa do Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello de Cariño
A prestación deste serbvizo comprende a xestión do PAI así como a atención integral dos nenos e nenas, tanto nos aspectos educativos como nos aspectos socioeducativos de coidado, hixiene e alimentación. As actuacións de acompañamento baseanse na dimensión cultural, psicomotriz, fisiolóxica, afectivo-emocional e relacional, que son executadas por profesionais con formación e experiencia a nivel pedagóxico.
Máis información

Servizo de atención das cantinas e bares do Instituto Politécnico de Viana do Castelo
Neste servizo atendemos as cantinas e bares do Instituto Politécnico de Viana en 7 emprazamentos distribuidos polas localidades de Viana, Melgaço, Ponte de Lima e Valença. Entre as actividades desenvolvidas están o atendemento do autoservizo e bar, así como os traballos de peparación de alimentos, e limpeza e hixienización de toda a unidade alimentaria.
Máis información

Servizo de atención telefónica 010 Avisa Salamanca
Este servizo recepciona a notificación de incidencias nas vías públicas de Salamanca e as canaliza ao servizo correspondente para a súa resolución. Unha vez a incidencia está resolta, comunícaselle ao usuario dende o propio 010-Avisa.  Trátase dun servizo que lle ofrece á cidadanía unha ferramenta de contacto co Concello que permite a xestión áxil dos avisos de reparación e corrección de deficiencias nas vías públicas do Concello.
Máis información

Servizo de cafetería e recepción para a residencia militar General García Margallo de Melilla
O servizo inclúe a atención ao cliente, emisión e cobro de facturas,  recepción e clasificación da correspondencia, confección de partes diarios de control das habitacións, atención da central telefónica, atención da central de alarma contra incendios e servizo de portería.

Xestión e impartición de actividades formativas na Aula CeMIT de referencia do Concello de Ames
Neste servizo promociamos o uso das TIC na poboación, especialmente naqueles colectivos onde a fenda dixital é máis evidente, programando e desenvolvendo actividades e estratexias de dinamización adaptadas ás necesidades dos distintos colectivos.
Máis información

Actividades de Reforzo Escolar para alumnos de primaria e da ESO do Concello da Coruña
O obxecto deste servizo é a posta en marcha, funcionamento e avaliación dun programa municipal de reforzo educativo para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello.
Máis información

Campamentos de verán do Programa de Conciliación Escola de Verán do Concello de Baiona
Na execución deste servicio ocupamos o ocio e tempo libre dos nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, durant eo mes de xullo, facilitando ás familias do municipio un recurso para conciliar a vida laboral, persoal e familiar, establecendo un servizo socio comunitario que mellore a súa calidade d evida, potenciando ademais a optimización de recursos a través da utilización das instalacións dos centros educativos municipais fóra do horario lectivo.
Máis información

Programa de Envellecemento Activo do Concello da Coruña
Durante a execución deste servizo desenvolimos accións de prevención do deterioro físico, de promoción da actividade cognitiva e de prevención e mellora da saúde, co fin de aumentar a calidade de vida das persoas maiores, prever situacións de risco, potenciar as habilidades e as capacidades persoais e favorecer a autonomía das mesmas, así como fomentar as relacións entre pares para evitar o illamento social.
Máis información