Innovación

A innovación é un dos valores engadidos que aporta Osventos aos seus colaboradores, tanto clientes, como socios e traballadores.
Por iso dende Osventos traballamos na creación de ferramentas innovadoras que permitan mellorar os servizos nos que estamos a traballar.

Para o desenvolvemento destas innovacións, ás veces recibimos a colaboración da administración pública, como entidade dinamizadora da innovación nas empresas, e é por eso que queremos destacar que Osventos participou no Programa Principia da Xunta de Galicia, grazas ao cal puido incrementar a súa plantilla de traballo con dúas persoas para a colaboración no desenvolvemento destas novas ferramentas.

O persoal novo está cofinanciado pola Xunta de Galicia ao abeiro da Resolución da Axencia Galega de Innovación do 2 de xuño de 2016 (Programa Principia).

Trátase dunha iniciativa da Axencia Galega de Innovación de fomento da contratación de persoal técnico para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación de Galicia.